En 2002 as asociacións profesionais e empresariais do sector audiovisual galego uníronse arredor dun obxectivo común, a creación da Academia Galega do Audiovisual. Aquela primeira comisión promotora estaba formada por Xosé Henrique Rivadulla Corcón, como Presidente da Asociacion de Guionistas de Galicia (a actual AGAG), Ángel de la Cruz como membro da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (a actual CREA), Xosé Manuel Olveira Pico como Presidente da Asociacion de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (a actual AAAG), Valentín Carrera González como presidente da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) e Mamen Quintas Cruceyra como Xerente dos Premios do Audiovisual Galego (Premios AGAPI).

O 30 de abril de 2002 asinouse na Coruña a acta de constitución “atendendo ó sentir xeralizado manifestado por amplos sectores do audiovisual galego en tódolos seus oficios e profesións”. Nacía así a Academia Galega do Audiovisual.

O 30 de maio de 2002 celebrouse na Casa do Consulado da Coruña a Asemblea fundacional, na que 104 profesionais elixiron a primeira xunta directiva formada por Ernesto Chao (presidente), Ángel de la Cruz, Antón Reixa, Carlos Carballo, Julio Fernández, Manuel Abad, Manuel Manquiña, María Bouzas, Miguel Anxo Fernández e Xosé Carlos Cermeño. Unha vez concluida a toma de posesión do cargo, Ernesto Chao procedeu á lectura do ‘Manifesto fundacional da Academia Galega do Audiovisual’.

Do 9 ao 11 de abril de 2003 a Academia organizou a súa primeira actividade, o ‘Foro Academia Aberta’ co obxectivo de visibilizar todas as categorías profesionais integrantes da asociación, organizado como unha actividade anual, na que se expuña a situación do sector, favorecendo os debates e o diálogo entre as distintas disciplinas que integran o audiovisual.

O 7 de xuño de 2003 celebrouse no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a primeira edición da Gala dos Premios Mestre Mateo.

Todas as actividades organizadas pola Academia dende os seus inicios teñen por obxectivo promover, divulgar, difundir e fortalecer o coñecemento do audiovisual galego para contribuír a que a sociedade, da que formamos parte e que fai posible o noso traballo, coñeza e valore o resultado do noso labor.

A Casa do Consulado, situada na praza Pintor Sotomayor da Coruña, acolleu sede da Academia durante 16 anos ata outubro de 2018, cando a oficina se trasladou ás instalacións do Centro Ágora, na mesma cidade.

A Academia é o espazo común para un colectivo diverso con algo que o une: formar parte do audiovisual galego.

PRESIDENCIA ACADEMIA

Desde a súa constitución, sete persoas ocuparon a presidencia e estivo rexida por dez xuntas directivas:

PERÍODO 2019 – 2021
Data de nomeamento 21/05/19
Presidencia: Ana Míguez

Vicepresidencia 1º: Pepe Coira
Vicepresidencia 2º: Álvaro Pérez Becerra
Secretaría: Saamira Ganay
Tesoureiría: Carmen Méndez
Vogalías: Isabel Naveira, Óscar Cruz, Sonia Méndez, Susana Veira Castellvi e Xavi Font.

PERÍODO 2017 – 2019
Data de nomeamento 16/06/17
Presidencia: Carlos Ares
Vicepresidencia 1º: Tamara Canosa
Vicepresidencia 2º: Nani García
Secretaría: Luisa Romeo
Tesoureiría: María Vázquez
Vogalías: Manolo González, Antonio Durán “Morris”, Olga Osorio, Ana Míguez e Susana Veira.
En decembro de 2018 Tamara Canosa, Luisa Romeo, Antonio Durán “Morris” e María Vázquez foron substituídos por Saamira Ganay na Secretaría, Carmen Méndez na Tesoureiría, Isabel Naveira e Álvaro Pérez nas Vogalías. A Vicepresidencia 1ª foi asumida por Ana Míguez.

PERÍODO 2015-2017
Data de nomeamento 08/05/2015
Presidencia: Carlos Ares
Vicepresidencia 1º: Tamara Canosa
Vicepresidencia 2º: Nani García
Secretaría: Luisa Romeo
Tesoureiría: María Yáñez
Vogalías: Manolo González, Irene Lourido, Dani de la Torre, Antonio Durán “Morris” e María Vázquez.

PERÍODO 2013-2015
Data de nomeamento 27/06/2013
Presidencia: Antonio Mourelos
Vicepresidencia 1º: Jorge Coira
Vicepresidencia 2º: Luis Tosar
Secretaría: María Yáñez
Tesoureiría: Sara Horta
Vogalías: Emma Lustres, Xaime Arias/ Irene Lourido, Daniel D. García, Xosé Pereira e David Martínez.
O 20/12/13 aprobouse a baixa de Xaime Arias como vogal, sendo substituído pola socia Irene Lourido.

Período 2011-2013
Data de nomeamento 27/05/11
Presidencia: Antonio Mourelos
Vicepresidencia: Jorge Coira
Secretaría: Sara Horta
Tesoureiría: María Liaño
Vogalías: Emma Lustres, Curru Garabal, Xaime Arias, Daniel D. García, Luis Tosar e Xosé Pereira.
O 25/05/16 acordouse que Luis Tosar asumise a Vicepresidencia 2ª.

PERÍODO 2009-2011
Data de nomeamento 29/05/09
Presidencia: Xosé Manuel Olveira Pico
VicePresidencia: Pepe Coira
Secretaría: Carlos Ares
Tesoureiría: Fernanda del Nido
Vogalías: Rosa Álvarez, Montse Besada, Sandra Frantz, Nani García, Marcos Nine e Tania Rodríguez
No primeiro semestre do 2010 Marcos Nine e Sandra Frantz son substituìdos por Curru Garabal e Mara González. A primeiros do 2011 Tania Rodríguez deixou a directiva, pero non foi substituída pola proximidade das eleccións a unha nova xunta directiva.

PERÍODO 2006-2009
Data de nomeamento 13/10/06
Presidencia: María Bouzas
Vicepresidencia: Pepe Coira
Secretaría: Carlos Ares
Tesoureiría: Carlos Amil
Vogalías: Xaime Fandiño, Rubèn García – Loureda, Nani García, Paco Lodeiro e Tania Rodríguez.
Posteriormente incorpórase como vogal Sandra Frantz. Na metade do mandato Paco Lodeiro substituiu a Carlos Amil na Tesoureiría.

PERÍODO 2006
Data de nomeamento 31/05/06
Presidencia: Manolo Gómez
Vicepresidencia: María Bouzas e Pepe Coira
Secretaría: Carlos Ares
Tesoureiría: Carlos Amil
Vogalías: Xaime Fandiño, Nani García, Ruben García-Loureda, Paco Lodeiro e Carlos Ares.
En setembro de 2006 Manolo Gómez foi substituído no cargo por María Bouzas. En outubro dese ano foi convocada unha asemblea extraordinaria para ratificar á nova directiva.

PERÍODO 2003-2006
Data de nomeamento 31/05/2003
Presidencia: Manolo Gómez
Vicepresidencia 1º: Isabel Blanco
Vicepresidencia 2º: Miguel Anxo Fernández
Secretaría: María Liaño
Tesoureiría: Marta Villar
Vogalías: Carlos Carballo, Manolo Abad, Ángel de la Cruz, Suso Bello e David Melero.
Na metade do mandato, Ángel de la Cruz foi substituído por Carlos Amil.

PERÍODO 2002-2003
Data de nomeamento 30/05/2002
Presidencia: Ernesto Chao
Vicepresidencia e Tesoureiría: Ángel de la Cruz.
Secretaría: Mamen Quintas
Vogalías: María Bouzas, Antón Reixa, Xullo Fernández, Manuel Abad, Xosé Cermeño, Manuel Manquiña, Carlos Carballo e Miguel Anxo Fernández.