XVII Premios Mestre Mateo

En 2019 tivo lugar a XVII edición dos Premios Mestre Mateo, unha convocatoria para celebrar o talento audiovisual galego, premiando a profesionais e obras do sector nunha Gala celebrada o sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera de A Coruña. Un ano máis, a Academia recoñecía tamén a traxectoria de entidades e profesionais otorgando o Premio de Honra Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier: nesta ocasión, as homenaxes recaeron na actriz Mela Casal e para a Federación de Cineclubes de Galicia, FECIGA.   1. Presentación de candidaturas A apertura do prazo de presentación de candidaturas de profesionais e producións marcaba o inicio dun proceso de selección que contou con dúas roldas de votación: a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintecinco categorías. O prazo estivo aberto do 29 de outubro ao 19 de novembro para obras galegas estreadas no ano 2018 e os profesionais que traballaron nos seus

Curso As Partes dun Todo, impartido por Jorge Coira

DATA E LUGAR: Fin de semana 28 e 29 de Setembro Fin de semana 5 e 6 de Outubro Horario: 10:30h a 20:00h. Centro Ágora. Lugar da Gramela 17 15010. A Coruña. PRAZAS: O número de prazas dispoñibles é de 20: 12 para intérpretes, 4 para guionistas e 4 para profesionais da dirección. É preciso enviar un correo electrónico con datos persoais e de contacto, especificando experiencia profesional e cal é a motivación para asistir ao obradoiro. Unha vez rematado o prazo de inscición, comunicarase ás persoas interesadas se están ou non admitidas. PRAZO: O prazo de recepción de inscricións estará aberto dende o 9 ata o 20 de setembro de 2019. PREZOS: Gratuíto As socias e socios da Academia Galega do Audiovisual estarán convidados a xantar os catro días de celebración do curso.Un curso para actores/actrices, guionistas e directores/as. O obxectivo do curso é o de poñer en común e conectar tres das patas esenciais en toda obra audiovisual: a da

Young Audience Award

O Young Audience Award é a categoría oficial dos Premios Europeos de Cinema adicada ao público xuvenil. A Academia Europea de Cinema (EFA) impulsa dende 2012 este galardón que recoñece a mellor película europea do ano para o público de entre 12 e 14 anos. A Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co concello de A Coruña súmase a esta iniciativa europea para celebrar este evento por primeira vez en Galicia. O vindeiro domingo 5 de maio, un xurado de rapazas e rapaces de toda Galicia, terán a oportunidade de elixir co seu voto cal é a mellor película europea xuvenil do ano. As tres películas finalistas serán proxectadas o domingo 5 de maio simultaneamente en 48 cidades de 35 países para unha audiencia de xóvenes de entre 12 e 14 anos. As rapazas e rapaces participantes en cada cidade actúan como xurado e escollen a súa película favorita. Na cerimonia de entrega, organizada pola Academia de cine Europeo na cidade alemá de Erfurt, cada país

Cineclube. Novos Programadores de Cinema Galego

Un obradoiro para descubrir e ver o mellor cinema feito en Galicia, aprendendo a diferenciar os seus aspectos máis destacados. Os rapaces e rapazas asistentes seleccionarán unha serie de curtametraxes para, ao final de curso, programar unha sesión pública de cine. Durante o obradoiro exercítase a creatividade, a escritura de textos breves, apréndese a facer presentacións públicas e foméntase a educación en valores a través das películas. Dirixido a alumnado infantil e xuvenil que desexe explorar a súa paixón polo cinema desde unha perspectiva persoal para despois compartila co público.Programar unha sesión de cinema consiste non só en organizar unha serie de pezas audiovisuais para seren proxectadas públicamente. O traballo de programación implica visionar as películas con atención, coñecer o traballo dos cineastas, pensar no público ao que se dirixen e o xeito de comunicarse con el. Ao longo do obradoiro de Cineclube.Novos Programadores de Cinema